mércores, 24 de decembro de 2014

Silledagasalla: campara por un nadal en galego

Na iniciativa silledagasalla dos ENDL dos centros escolares de Silleda en colaboración coa   Concellería de Normalización Lingüística  e o colectivo ECOS houbo unha gran participación. Presentáronse máis de 400 lemas e máis de 200 debuxos, realizados polo alumnado dos centros educativos de Sillleda(CEIP Bandeira, CEIP Silleda, IES Pintor Colmeiro e o C. P.  María Inmaculada).
Desde o pasado día 17 de decembro están expostos na Casa da Xuventude o debuxos realizados.
Como resultado do concurso de lemas elixíronse 30 deles para a confección de pegatinas. Con esta escolla o Concello un total de  1.000 exemplares para colocar nos regalos de Nadal que utilizarán os comercios asociados de ECOS.
Este proxecto colaborativo no que participan 7 entidades diferentes ten o obxectivo de de concienciar ao comercio e á cidadanía da importancia de asociar a valores positivos o uso da lingua galega e poñer en evidencia a restricción de espazos que sofre o galego xa que o usual é que as pegatinas dos agasallos veñan todas en castelán.
Por fin este nadal en Silleda podes agasallar aos teus seres queridos na vosa lingua, así o regalo multiplica o seu valor pois preséntase na lingua de noso. O noso mellor agasallo na lingua que máis queremos.


mércores, 3 de decembro de 2014

II Concurso literario Mª Vitoria Taboada

O Instituto Ramón Mª Aller Ulloa convoca o II Concurso literario Mª Vitoria Taboada de relato curto, microrrelato e poesía, dirixido ao alumnado de secundaria dos centros dezaos.
Pois teremos que animarnos a participar