Os ENDL da Estrada celebraron a II Festa das palabras en colaboración co concello. Durante o acto entregáronse os premios do II concurso de Micropoemas e de Microrelatos.
A organización agasallou a cada un dos gañadores coa edición do libro II Festa das Palabras que recolle un total de 60 obras (entre micropoemas e microrrelatos) gañadores nesta edición. Nesta ocasión escolléronse dúas palabras en galego que tiñan que estar presentes nas obras: estrada, para os relatos; e souto, para os poemas. Premiaronse 12 por cada centro educativo de Primaria e 4 por cada centro de Secundaria. A publicación ilustrada por Rosa de Cabanas e editada polo Concello pretende ser unha tributo á lingua.
O encontro de dignificación da lingua galega contou coa presenza escritora Fina Casalderrey. A nota musical foi obra do cantautor marinense Samu.