Amosando publicacións coa etiqueta celebración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta celebración. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de maio de 2015

II Festa das palabras

Os ENDL da Estrada celebraron a II Festa das palabras en colaboración co concello. Durante o acto entregáronse os premios do II concurso de Micropoemas e de Microrelatos.
A organización agasallou a cada un dos gañadores coa edición do libro II Festa das Palabras que recolle un total de 60 obras (entre micropoemas e microrrelatos) gañadores nesta edición. Nesta ocasión escolléronse dúas palabras en galego que tiñan que estar presentes nas obras: estrada, para os relatos; e souto, para os poemas. Premiaronse 12 por cada centro educativo de Primaria e 4 por cada centro de Secundaria. A publicación ilustrada por Rosa de Cabanas e editada polo Concello pretende ser unha tributo á lingua.
O encontro de dignificación da lingua galega contou coa presenza escritora Fina Casalderrey. A nota musical foi obra do cantautor marinense Samu.