Na iniciativa silledagasalla dos ENDL dos centros escolares de Silleda en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística e o colectivo ECOS houbo unha gran participación. Presentáronse máis de 400 lemas e máis de 200 debuxos, realizados polo
alumnado dos centros educativos de Sillleda(CEIP Bandeira, CEIP Silleda,
IES Pintor Colmeiro e o C. P. María Inmaculada).
Desde o pasado día 17 de decembro están expostos na Casa da Xuventude o debuxos realizados.
Como resultado do concurso de lemas elixíronse 30 deles para a confección de pegatinas. Con esta escolla o Concello un total de 1.000 exemplares para colocar nos regalos de Nadal que utilizarán os comercios asociados de ECOS.
Este proxecto colaborativo no que participan 7 entidades diferentes ten o obxectivo de de concienciar ao comercio e á cidadanía da importancia de asociar a valores positivos o uso da lingua galega e poñer en evidencia a restricción de espazos que sofre o galego xa que o usual é que as pegatinas dos agasallos veñan todas en castelán.
Por fin este nadal en Silleda podes agasallar aos teus seres queridos na vosa lingua, así o regalo multiplica o seu valor pois preséntase na lingua de noso. O noso mellor agasallo na lingua que máis queremos.
mércores, 24 de decembro de 2014
mércores, 3 de decembro de 2014
II Concurso literario Mª Vitoria Taboada
Pois teremos que animarnos a participar
xoves, 6 de novembro de 2014
Acordos da Coordinadora Comarcal para o curso 14-15
Consolídase a Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización Lingüística (ENDL) de Deza-Tabeirós-Terra de Montes na reunión celebrada o 6 de novembro no IES Pintor Colmeiro (Silleda).
- Acudiron representantes dos ENDLs das tres comarcas e asumiron o compromiso de organizar unha actividade conxunta no presente curso. Tamén se invitou a todos os ENDLs da comarca a que aporten propostas que poden enviar ao correo coordendldeztabter@gmail.com
- A principios do 2015 celebrarase outra reunión para decidir a actividade a realizar e a súa organización.
En concreto, as decisións tomadas foron as seguintes:
1. Enviar comunicación a todos os membros dos ENDL convidándoos a que se adscriban á Coordinadora Galega de ENDL. Poden facelo nesta ligazón.
2. Divulgar a toda a comunidade educativa a revista Ollos de aula aproveitando todos os recursos dispoñibles en cada centro: mediante os webs dos centros, os blogues dos ENDL ou das Bibliotecas Escolares, nos taboleiros do centro, imprimindo e distribuíndo os exemplares da revista...
3. Divulgar entre os membros do ENDL a revista A letra miúda.
4. Dar a coñecer os informes da CGENDL e participar nas campañas que convoque.
5. Engadir ligazóns nos webs e blogues dos centros ao blogue da Coodenadora Comarcal e actualizalo coas actividades nas que colaboren varios Equipos.
6. Proponse promover a realización de actividades conxuntas entre os centros de cada concello, tal e como xa se está a facer por exemplo na Estrada.
7. Decídese a conveniencia de realizar unha actividade conxunta para todos os centros da comarca Deza-Tabeirós-Terra de Montes durante o presente curso e convídase a todos os ENDLs da comarca a que aporten propostas. A principios do 2015 celebrarase outra reunión para decidir a actividade a realizar e a súa organización.
8. Invítase a todos os coordinadores dos ENDL da comarca a sumarse ao traballo desta Coordinadora Comarcal.
luns, 27 de outubro de 2014
Reunión da Coordinadora Comarcal Deza-Tabeirós-Terra de Montes
Convocatoria de reunión da Coordinadora Comarcal Deza-Tabeirós-Terra de Montes
Xoves 6 de novembro ás 6 da tarde no IES Pintor Colmeiro de Silleda para tratar polo menos:
Xoves 6 de novembro ás 6 da tarde no IES Pintor Colmeiro de Silleda para tratar polo menos:
- Difusión e uso do blogue da coordinadora comarcal
- Propostas de actividades conxuntas.
- Renovación das adscricións á CGENDL
- Difusión das revistas, informes e campañas da CGENDL
- Funcionamento da Coordinadora Comarcal
martes, 3 de xuño de 2014
Teatro: os fillos do rei
O pasado martes os mozos e mozas do Club de Lectura do IES Chano Piñeiro (Forcarei) fixeron as delicias do alumnado máis cativo do CEIP Nosa Señora das Dores, coa representación da obra de teatro "Os fillos do rei".
Esta representación enmárcase dentro dunha actividade de colaboración desenvolvida polos ENDL dos dous centros que leva por nome "Nós tamén contamos" e que terá a súa segunda parte dentro duns días cando alumnos de 4º ESO vaian polas aulas do cole a contar unhas divertidas historias...
martes, 13 de maio de 2014
Noticias sobre a normalización na comarca
No Faro de Vigo do 13/05/14 hai varias noticias sobre a normalización na comarca, entre elas difunden a constitución da Coordinadora de ENDL do Deza, Tabeirós e Terra de Montes:
- Renovan a coordinadora comarcal dos Equipos de Normalización Lingüística Faro de Vigo
- Un ´Correlingua´ con 1.400 corazones toma A Estrada
- Os colexios len a Díaz Castro
luns, 12 de maio de 2014
Web da CGNEDL sobre Díaz Castro
Por quinto ano consecutivo a Coordinadora Galega de ENDL achéganos un completísimo portal con recursos, actividades e noticias sobre a figura homenaxeada no Día das Letras. Lembremos que xa o fixo así nos anos 2010 ( Uxío Novoneyra) , 2011 (Lois Pereiro) , 2012 (Valentín Paz Andrade) e 2013 (Roberto Vidal Bolaño).
A estrutura do portal segue as mesmas directices que a de edicións pasadas: desde a páxina principal do portal podemos acceder a distintos recursos ordenados coas etiquetas: Materiais didácticos, Para saber máis, Bibliografía, Ligazóns, Audiovisual, Actividades dos centros, Arredor de Díaz Castro.

martes, 6 de maio de 2014
Ola a todos desde a Coordinadora de ENDL Deza, Tabeirós e Terra de Montes
Con esta entrada queremos botar a andar unha nova Coordinadora de ENDL. Neste caso trátase de agrupar aos centros de ensino das comarcas do Deza, Tabeirós e Terra de Montes.
O 27 de marzo reunímonos no IES Pintor Colmeiro (Silleda) os coordinadores do ENDL do CEIP Cabada Vázquez (A Estrada), do CEIP Xoaquín Loriga (Lalín), do CEIP da Bandeira e o IES Pintor Colmeiro (Silleda) e do IES Chano Piñeiro (Forcarei) co fin de constituir unha coordinadora comarcal que colaborara coa CGENDL. Tamén se estableceron contactos cos CEIP Nosa Señora da Piedade (Vila de Cruces) e co CEIP A Nosa Señora das Dores (Forcarei).
Para manter unha plataforma de contacto e visibilización das actividades dos centros das comarcas de Deza, Tabeirós e Terra de Montes decidiuse crear un blogue colaborativo: éste que estades a ver, e establecer unha plataforma de correo para crear unha rede de contactos para eventuais futuras colaboracións entre os equipos da zona. Non será necesario engadir que esta coordinadora está aberta a novas incorporacións.
Tamén se nomeou a Irene Fuentes, coordinadora do CEIP Cabada Vázquez como representante desta ante a CGENDL
Esperamos que este proxecto teña un futuro longo e próspero e sexa unha xanela normalizadora nas terras do centro xeográfico de Galicia.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)